Ao seu xeito este ensaio é unha viaxe no tempo. unha viaxe que comeza na grecia clásica e as súas achegas ao noso mundo: o nacemento do pensamento abstracto, do dereito e do público: un espazo baleiro no centro das súas cidades onde os cidadáns se despoxaban de parte dos seus dereitos que cedían a favor da convención. tamén nacen os impostos modernos, concibidos como convención e afastados da servidume. naceu o público, o home aristotélico como ser social e a república cidadá. hoxe a esfera privada é fustrigada e comprimida polo público. o teatro grego, onde os cidadáns teñen cómoda visión da escena pública áchase substituído polo panóptico de bentham, onde un grande irmán observa dende o centro arquitectónico as celas e galerías onde habitan os privados. como raiola de cortazar, pode ser lido de principio a fin. pero tamén pode empezar por ?o paradoxo de kaolin?, seguir con ?emerson, lake & pálmer? e volver ao principio. ou a ockham, para descubrir o dereito subxectivo, e de volta a grecia, á república cidadá e rematar con kant: a súa formulación da autonomía privada. pero todas as múltiples combinacións posibles para a súa lectura lle devolverán á idade media, despoxado dos seus dereito subxectivos; a séculos da tradición republicana. se ademais é vostede traballador do naval, socio dun estaleiro ou investidor que axudou á industria naval galega, fágame caso: sáltese o capítulo dedicado ao sr. almunia, ?o bordel da estrada?. ou léao, pero tómese unha aspirina.
