Annetta, a narradora desta historia, non dá medrado fisicamente por unha enfermidade descoñecida. pasa a infancia e a xuventude querendo entender a súa nai, a fascinante sofia vivier, a persoa máis importante da súa vida, mais tamén a responsable de que na súa existencia sempre pareza flotar no ambiente unha mínima infelicidade. unha brillante novela, escrita con elegancia e precisión, sobre os vínculos familiares, sobre os misterios cotiáns que se agochan nas paredes das casas, nos álbumes de fotografías, nas olladas dos seres queridos.
